Cine infantil en Pontevedra

A partir do día 26 de outubro en Pontevedra poderedes disfrutar de cine infantil nun ciclo organizado pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo.

Buster Keaton day

O ferreiro, 1922. (The blacksmith). 22 minutos. Buster traballa nunha ferrería ata que esnaquiza un Rolls Royce.
O maquinista da Xeral, 1927. (The General). 74 minutos. Johnny é o maquinista da Xeral na guerra onde demostra o seu valor para namorar a rapaza que o engaiola.

26 de outubro | 17 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Curtametraxes galegas I

Alistán o demo oveiro, 2003. 13 minutos. O demo Alistán ten o mal das flatulencias, o médico recéitalle que coma ovos.
Os defuntos falaban Castelao, 2001. 11 minutos. Na noite de defuntos unha moza escapa para casar co seu mozo; esa mesma noite os veciños escoitan voces no camposanto que falan Castelao.
A escola das areas, 2002. 11 minutos. Nunha viaxe a Pontevedra Frei Martín Sarmiento tentará ensinar a Afonsiño a ler e escribir en tres días.
In-animados, 1992. 6 minutos. Dous guerreiros de xoguete enfróntanse entre si cando todo o mundo durme na casa.
Aventuras de Ventura, 2004. 14 minutos. Ventura é un neno que nunca quería ir á cama até que un día lendo un libro queda durmido e entra nun mundo de soños.
O bosque animado, 2002. 24 minutos. As toupiñas teñen que estudar para un exame de facer galerías.

16 de novembro | 17 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O bosque animado, 2001. 90 minutos.

Todos os días o Sr. D’Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre. Ás veces, o desconfiado servente non dubida en exclamar: “Parece que estivese animado o bosque enteiro!”. Así é en realidade xa que, en canto os humanos se afastan, a natureza transfórmase e amosa todo o seu esplendor, mentres árbores e animais viven en alegre e feliz harmonía. Non obstante, a man do home, que todo o altera, traerá ao bosque a desorde e a infidelidade. A colonia de toupas comezará a desaparecer, as árbores xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos rebelaranse contra o home e as moscas dedicaranse a amolar máis do habitual. A toupa Furacroios, a gata Morriña, o rato Piorno e a Árbore Carballo, entre outros habitantes da fraga, aliaranse para solucionar os problemas e levar de novo a harmonía ao… Bosque Animado.

14 de decembro | 17 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Especial Segundo de Chomón
Os comezos do cinema. 60 minutos. A artista Raquel Queizás tomando como base a obra do turolense Segundo Víctor Aurelio Chomón e Ruiz, fai unha libre recreación dos comezos do cinema e rende homenaxe a unha figura descoñecida para o público xeral pero que hoxe é recoñecido como grande mestre do cine fantástico.

 18 de xaneiro | 17 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

P3K: Pinocchio 3000, 2004. 83 minutos

Ano 3000, Gepetto un inventor xenial da cidade de Scamboville crea a Pinocchio: un pequeno robot coa personalidade de un neno de carne e oso. Pinocchio soña con converterse nun neno de verdade.

15 de febreiro  | 17 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Curtametraxes galegas II

O camiño das estrelas, 1993. 34 minutos. Unha historia de amor entre un lobo e unha serea. Os protagonistas percorren diversas manifestacións galegas: a rapa das bestas, un desfile de modelos, os percebeiros, un concerto da Nova Orquestra Galega e o Orfeón Terra a Nosa en San Martiño Pinario, os cigarróns de Verín, a Escola de canteiros de Poio.
Jako e o ladrón de mascotas, 2002. 7 minutos. No espazo están a desaparecer as mascotas e ninguén sabe quen é o culpable.
Meigallos, sombras e papas de arroz, 2001. 11 minutos. Cansa dos poucos resultados do doutor, unha nai decide pedirlle á meiga do Castro axuda para sana-lo seu esmirrado fillo.
O noticieiro do espazo, 2003. 6 minutos. A galaxia está conmovida pola crecente desaparición das mascotas espaciais, todos os medios de comunicación están pendentes da evolución do caso. O programa de televisión “O noticieiro do espacio” intentará revelar todo o que se esconde atrás deste misterio.
Nut, 1997. 9 minutos. Nut é unha nena teimuda e orgullosa que vive nunha casa no bosque. Ten unha relación singular co seu oso de feltro.
Os titirinautas, 1993. 22 minutos. En Remos queren que sempre faga sol. O Conde Pampín, Tristán, Sincopeto, os habitantes de Remos, Antón e Sabela. Sol de Remos botámoste de menos.

15 de marzo | 17 horas

 [divider style=”dotted” height=”40px” ]

A entrada é de balde e o Museo de Pontevedra pon a disposición dos interesados 50 entradas, que poden ser retiradas na recepción do Sexto Edificio.

Podedes ver o programa completo AQUÍ

Auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra Como chegar

 

 

Escribe un comentario