Cine infantil en Pontevedra

Os días 27 de febreiro e 5 de marzo poderedes gozar do cine infantil no Museo de Pontevedra. Un año máis colabora coa ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses. Nesta ocasión proxectaránse dúas películas de animación 3D no Sexto Edificio.

O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN | 27 de febreiro | 17 horas

É unha película española de animación 3D que conta a aventura de Elena, unha moza racional e pouco soñadora que vendo como o seu pai está enfermo de tristeza non dubida en seguir os pasos que conta a lenda para introducirse no mundo dos soños e devolverlle ao seu pai a ilusión.

MAIMIÑO | 5 de marzo | 17 horas

Conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e emprende unha viaxe chea de aventuras na que se enfrontará a un bosque encantado e debe aprender a utilizar a súa intelixencia para superar todos os obstáculos. É a primeira película de animación 3D galego cubana.

cineinfantil_pontevedra

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Entrada de balde ata completar aforo pero hai que recoller previamente a invitación na recepción do Sexto Edificio
  • Sexto Edificio – Museo de Pontevedra Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.