Cidade Imaxinaria en Santiago

Volve a Cidade Imaxinaria a Santiago!!  Unha xornada máxica para gozar en familia chea de espectáculos, xogos e obradoiros. Entre as 11 e as 21 horas, a praza central da Cidade da Cultura acollerá maxia, teatro e actividades nun ambiente cheo de cor, humor e música.

  • Cabaré Parodia | 11 – 14 e 16.30 horas | Duración: 30 minutos
  • Sim Salabim | 12 e 17.30 horas | Duración: 30
  • La Belle Escabelle | 13 e 18.30 horas | Duración: 30 minutos
  • Atlantes | 20 horas | Duración: 60 minutos
  • Os Monicreques | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30  horas | *A partir de 3 anos
  • Torneo de cabalaría | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas | *A partir de 4 anos
  • Externet! | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas
  • Castelo Poch | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas | *A partir de 4 anos
  • Titellarium | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas |  *A partir de 4 anos
  • A extraña viaxe do señor Tonet11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas | *A partir de 5 anos
  • Os amigos de Crusó | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas | *A partir de 4 anos
  • A pesca do pato | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas
  • Mundo equilibrios | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas | *A partir de 4 anos
  • Kuduro en familia | 11 – 14.30 – 16:30 e 20.30 horas | Pases con participación do público: 11.30-13.30-16.30-17.30-18.30 e 19.30 (Duración: 30 minutos) | A partir de 2 anos
  • Globoflexia | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30
  • Maquillaxe e fantasía | 11 – 14.30 – 16.30 e 20.30 horas

 

23 de agosto | de 11 a 21 horas
Cidade da Cultura en Santiago de Compostela Como chegar
Entrada de balde

*Haberá un servizo especial de bus urbano. Máis información AQUÍ.


Taberna Gordini | Edificio CINC | de 13 a 17 horas

Taberna Gordini é unha taberna-teatro instalada no Centro de Innovación Cultural, onde poder degustar os mellores pratos italianos cos mellores ingredientes galegos e de calidade, servidos por habilidosos acróbatas, incribles forzudos ou simpáticos pallasos. Un xantar de todo menos típicos no que repoñer forzas sen interrumpir o espectáculo. A praza exterior contará con postos de xeados, algodón de azucre, gofres e palomitas, que se poderán tomar na carpa de descanso da que disporá Cidade Imaxinaria.


MUSEO CENTRO GAIÁS | de 11 a 20 horas

A entrada ao Museo Centro Gaiás será de balde durante toda a xornada para poder visitar en familia a exposición Auga Doce. E para os que queiran coñecer un pouco máis sobre a mostra, o Museo contará con catro visitas guiadas ao longo do día (ás 11, 12.30, 17 e 18.30 horas).

Escribe un comentario