Chiquitectos en Langstrump

Langstrump non deixa de sorprendernos coas súas propostas. O 10 de maio poderedes disfrutar de Chiquitectos, un proxecto lúdico e educativo para espertar nos nenos o interese pola arquitectura, o entorno e o desenvolvemento sostible. Refugios é un taller no que os nenos tomarán contacto coas construccións máis básicas, aquelas que nos serven para protexernos do frío, da chuvia, da calor ou do vento… crearán a súa propia guarida, un espazo propio e imaxinado nun entorno elixido que inevitablemente condicionará esa vida imaxinaria, e que servirá para facer unha reflexión sobre os espazos da nosa vida cotiá.

[blockquote indent=»yes» ]Os chiquitectos perciben, exploran e investigan e aprenden a observar desde outra perspectiva, a través da experimentación[/blockquote]

  • Dirixido a: nenos de 4 a 9 anos
  • 10 de maio | de 12 a 13.30 horas
  • Prezo: 20 €/neno
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 918 770 ou ao mail hola@langstrump.es.
  • Langstrump na Coruña Como chegar

 

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Taller de Mimo Espíritu Langstrump![/blockquote]

Fabiana Gasteldello volve a Langstrump! Ensinarávos as bases do mimo, que poderedes aplicar cando contamos un conto, cando xogamos, animamos e que vos pode servir para aprender a expresarvos co voso corpo e entender as expresións dos demáis. É un taller espíritu Langstrump!

  • Dirixido a: adultos
  • 11 e 18 de maio | *Está dividido en dúas mañás de domingo de 10 a 13 horas
  • É imprescindible reservar praza
  • Langstrump na Coruña Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.