Chíos en Tui

O espectáculo de poesía sensorial para bebés Chíos estará este sábado 17 de outubro en TuiChíos son trinta minutos de poesía para os sentidos con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo Raquel Queizás e Chus Álvarez descóbrennos o mundo a través dos sentidos, transforman os obxectos, e disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

 

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións. Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña. Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.


 

  • Dirixido a: bebés de 0 a 3 anos
  • Duración: 30 minutos
  • 17 de outubro | 17.30 e 19 horas
  • Prezo: 2-3€
  • Teatro Municipal de Tui Como chegar
¡Compártelo!
Artículo anteriorChíos en Tui
Artículo siguienteSons Miúdos en Santiago

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.