CGAI Junior en A Coruña

O Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña continúa durante este semestre coas proxeccións dirixidas aos máis pequenos.

 

Selkirk, el verdadero Robinson Crusoe

Walter Tournier , 2012, Uruguai-Arxentina-Chile, 2012.

Selkirk, pirata rebelde e egoísta, é o piloto do Esperanza, galeón inglés que surca os mares do sur en busca de tesouros. A falta de buques inimigos, os corsarios entretéñense apostando e en pouco tempo Selkirk despluma os seus aforros presentes e futuros, gañándose a enemistade da tripulación sobre todo do capitán Bullock, que decide abandonalo nunha illa deserta. Alí, Selkirk, debe sepultar os seus desexos de vinganza e desmedida ambición e encarar un novo xeito de ver o mundo así, o egoísmo, a cobiza e o
individualismo do protagonista iranse transformando, coa experiencia, en sentimentos moito máis nobres.

  • Dirixida a: maiores de 5 anos
  • Duración: 80 minutos
  • 25 de xaneiro | 18 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Había unha vez un corvo e un pardal

VV.AA., Iran, 1999 -2007

Tres contos que veñen de Irán e permiten asomarnos as tradicións culturais persas, os motivos dos seus tapices, arquitectura, miniaturas, ou as tradicións dos contos populares e toda a súa simboloxía.

  • O pardal e a semente de algodón. Morteza Ahadi Sarkani, 2007
  • O corvo que quería ser o máis forte. Mohammad-Ali Soleymanzadeh. 1999
  • Había unha vez un corvo. Abdollah Alimorad, 2007
  • Dirixida a: maiores de 3 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 22 de febreiro | 18 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

El pequeño fugitivo (Little Fugitive)

Morris Engel, Ruth Orkin, Ray Ashley, EE.UU, 1953

Joey ten sete anos e vive en Nova York coa súa nai e o seu irmán maior Lennie. Cando a súa nai ten que ausentarse un par de días para coidar da avoa enferma, Lennie e os seus amigos, xogando, fanlle crer a Joey que matou a Lennie cunha escopeta. Asustado, Joey colle os dólares que deixou a súa nai e foxe cara a Coney Island onde vivirá a súa particular aventura entre postos, atraccións e bañistas.

  • Dirixida a: maiores de 8 anos
  • Duración: 75 minutos
  • 15 de marzo | 18 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

El maquinista de la General (The General)

Búster Keaton, Clyde Bruckman. 1926. EE.UU

Cando estala a Guerra de Secesión, Annabelle pide ao seu mozo Johnnie que se aliste no exército sudista pero o exercito o considera
máis útil na súa profesión de maquinista de trens. Annabelle cre que foi un acto de covardía e decide non lle falar máis. Un ano despois cando Annabelle ten que viaxar na locomotora de Johnnie para ir ver o seu pai ferido un grupo de nordistas rouban a locomotora e a
levan a como prisioneira. A película resulta unha reivindicación do que é capaz de facer un home só, en aparencia débil, por recuperar as dúas cousas que máis desexa neste mundo, a súa locomotora, e a muller á que ama.

  • Dirixida a: maiores de 8 anos
  • Duración: 74 minutos
  • 12 de abril | 18 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Zarafa

Rémi Bezançon e Jean-Christophe Lie, 2012, Francia

Os nenos da aldea reúnense baixo o gran baobab, onde o ancián do lugar lles conta a historia de inquebrantable amizade entre Maki, un neno de 10 anos, e Zarafa, unha xirafa orfa que se converterá no regalo do Pachá de Exipto ao Rei de Francia. Hassan, príncipe do deserto, terá que cumprir a perigosa misión de levar a Zarafa ata Francia, pero Maki está decidido a traer á xirafa de volta ao seu
fogar aínda arriscando a súa vida. Durante a longa viaxe que lles levará de Sudán a París, pasando por Alexandría, Marsella e o
Alpes nevados, enfrontaranse a grandes perigos. Maki e Zarafa descobren que manténdose unidos, sempre os superarán.

  • Dirixida a: maiores de 5 anos
  • Duración: 78 minutos
  • 10 de maio | 18 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]
* Prazas limitadas. As portas abriranse 10 minutos antes de cada sesión.

Entrada de balde

CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe na Coruña Como chegar

 
 
 

Escribe un comentario