Caramuxo Teatro en Lugo

Caramuxo Teatro estará o día 19 de decembro en Diveridiomas, un novo espazo educativo en Lugo. Caramuxo Teatro estreará Glub Glub, o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia, agora en inglés! Glub Glub é un espectáculo onde se conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe  xoguetón chamado Glub Glub, unha montaxe chea de estímulos sonoros e visuais e cunha linguaxe sinxela case xestual, que introduce os mais novos nunha aventura fantástica e sorprendente.

  • Dirixido a: bebés de 6 meses a 3 anos e as súas familias
  • Duración: 30 minutos
  • 19 de decembro | 17.30 e 19 horas
  • Entrada gratuita
  • É necesario reservar praza no teléfono 982 872 882 ou no mail hola@diveridiomas.com
  • Diveridiomas Espacio Educativo en Lugo Como chegar

 

Escribe un comentario