Espectáculo de música e teatro Canta o Cuco

Uxía, Magín Blanco, Inacio Vilarino, Santi Cribeiro e Héctor Lorenzo continúan de xira con Canta o Cuco. Un espectáculo no que ofrecen unha visión contemporánea dos versos de Manuel María para as nenas e os nenos do século XXI. Centrado no libro-disco Canta o cuco conxugan diferentes ritmos e estilos musicais para vestir os versos de Manuel María con música tradicional, con pop e  rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano.

Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nenos As rúas do vento ceibe e Os soños na gaiola así como tamén de Terra Chá e Os lonxes do solpor. Ademais dunha creación propia de Magín e Uxía: Todo me fala de ti, canción na que dialogan co universo do poeta e a súa rica e complexa personalidade.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos e familias
  • Duración: 50 minutos
  • CONCERTOS:
    • 27 de maio | 19 horas | Casa da Cultura de Bertamiráns en Ames
    • 29 de maio | 12.30 horas | Parque de As Torres en Oleiros

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.