Campamentos de verán na Barrié

Fundación Barrié de A Coruña organiza para este verán os campamentos La Topografía del Tiempo. Os nenos poderán disfrutar dunha serie de actividades especialmente deseñadas en relación aos cadros da exposición. Co fin de desenvolver a impresionabilidade, as habilidades sociais e conseguir que elaboren un pensamento crítico propio. Ao mesmo tempo que coñecerán as obras de arte descubrirán a fascinante atmósfera que rodea ao mundo da arte. Nos campamentos combínanse as artes escénicas, as plásticas, musicais e audiovisuais, o que lles proporciona aos nenos un achegamento práctico a cada unha destas disciplinas.

  • Dirixidos a: nenos de 6 a 12 anos
  • Duración: 5 días de luns a venres
  • Datas: do 30 de xuño ao 4 de xullo – do 7 ao 11 de xullo | do 14 ao 18 de xullo | do 21 ao 24 de xullo | do 28 de xullo ao 1 de agosto  | do 4 ao 8 de agosto | do 11 ao 14 de agosto | do 18 ao 22 de agosto | do 25 ao 29 de agosto | do 1 ao 5 de setembro
  • Inscrición: é necesario reservar praza no teléfono 981 060 095, de martes a venres de 12 a 14h e de 18 a 21h. Debedes entregar o formulario de inscrición na sede da fundación ao comezo do campamento.
  • FUNDACIÓN BARRIÉ A CORUÑA Como cheegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.