Campamento na Cidade da Cultura

A auga segue a ser a protagonista nas actividades para os máis pequenos da Cidade da Cultura. Este verán poderán vivir unha vez máis unha experiencia única pasando a noite no Campamento Eu Río. Coñecerán a exposición Auga Doce e converteranse en actores e directores da súa propia película gravando neste decorado tan especial.

  • Dirixido a: nenos de 6 a 11 anos
  • 4, 18 de xullo | 1, 15, 29 de agosto | 12 de setembro  *dende as 19 horas
  • Prezo: 10€ – 12€ en billeteira
  • Entradas: á venda  no Punto On e en www.servinova.com

PROGRAMA

Venres

  • 19 horas: chegada ao Museo Centro Gaiás
  • 19.15 – 19.50 horas: realización do obradoiro Augas Revoltas
  • 19.50 – 21.30 horas: visita 1ª e 2ª planta de Auga Doce
  • 21.30 – 22 horas: cea
  • 22 – 22.45 horas: actividade obradoiro creatividades Augas Revoltas II
  • 22.45 – 00.00 horas: visita 3ª planta… e gravando!
  • 00.00 horas: o campamento Eu Río durme

Sábado

  • 8 horas: amanece no campamento
  • 8.30 – 9 horas: almorzo
  • 9 – 11 horas: visionado das curtas

*Os nenos deberán traer saco de durmir, esteras, utensilios de aseo e chándal ou roupa cómoda.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 997 565.

Cidade da Cultura en Santiago Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.