Brinca vai! de xira por Galicia

Brinca vai! FalaRedes continúa coas súas propostas de dinamización lingüística, nesta ocasión con Brinca vai de aquí a acolá!: un concerto obradoiro que chegará a 25 concellos galegos da man do actor e músico Paco Nogueiras. É unha actividade destinada a nenos e a nenas de 6 a 9 anos e ás súas familias baseada no libro-disco Brinca vai! Unha proposta na que a música, as cancións, o humor e o enxeño toman a palabra para convidar a creatividade a viaxar ao longo dos doce meses do ano achegándolle á xente miúda da casa as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares.

  • 14 de novembro | 18.30 horas | Auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela en Redondela
  • 15 de novembro | 12 horas |  Salón dos Claustros – Xunqueira de Espadanedo
  • 15 de novembro | 18 horas | Casa da Cultura de Viana do Bolo
  • 16 de novembro | 13 horas | Salón Multiúsos do Castelo en O Bolo
  • 16 de novembro | 17 horas | Centro Cultural Avenida en A Rúa
  • 21 de novembro | 18 horas | Auditorio Municipal de Cangas
  • 22 de novembro |12 horas | Multiúsos Cruceiro Gordo en Melón
  • 22 de novembro | 18 horas | Auditorio do Centro Multiúsos de Arbo
  • 23 de novembro | 12 horas | Casa da Cultura de A Laracha
  • 28 de novembro | 20 horas | Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro
  • 29 de novembro | 12 horas | Local Multiúsos de Frades
  • 29 de novembro | 19.30 horas | Casa da Cultura de O Vicedo
  • 30 de novembro | 18.30 horas | Casa da Cultura de Melide
  • 5 de decembro | 18 horas | Teatro Pastor Díaz de Viveiro
  • 7 de decembro | 12.30 horas | Local Social de Cameixa en Boborás
  • 7 de decembro | 18 horas |  Casa da Cultura de Corcubión
  • 8 de decembro | 18 horas | Casa da Cultura de Santa Comba
  • 12 de decembro | 18.30 horas | Centro Ágora de A Coruña
  • 13 de decembro | 18 horas |  Centro Social e  Cultural do Picouto en Ramirás
  • 14 de decembro | 12 horas |  Edificio A Senra de Bergondo
  • 14 de decembro | 17 horas | Centro Social de Forcarei
  • 20 de decembro | 12 horas | Edificio Biblioteca de Barro

 


 

  • Dirixido a: nenos de 6 a 9 anos
  • Actividade de balde
  • Estas datas poden sufrir modificacións, podedes comprobar o calendario na web: www.xunta.es/linguagalega

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.