Bebescena na Coruña 2016

O Centro Ágora de A Coruña volve a ser el escenario para o ciclo de espectáculos Bebescena. Este outono poderedes disfrutar en familia de 7 espectáculos pensados para nenos de 1 a 3 anos. Artes escénicas para ofrecer novas experiencias aos máis pequenos da casa!

 

 

O COMENOITES de SUEÑOS DE HUMO

O Comenoites é un trasno regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos/as. Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá saír nunca. Volverá o Comenoites comer algún día e entón volverá o sol? Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.

  • Dirixido a: niños de 1 a 3 años
  • Duración: 35 minutos
  • 16 de outubro | 11.30 e 13 horas

 

RÍO DE LA LUNA de DATEDANZA 

Un espectáculo de danza cargado de enerxía positiva, que vai medrando coma a vida dun río, traduce en movemento a evolución dun bebé, como nace, gatea, ponse en pé, descobre a natureza e danza con ela. Investiga nos recursos comunicativos que temos os seres humanos cando vimos ao mundo. Escenificará o achegamento entre as persoas, o desenvolvemento dun bebé e a complicidade e capacidade de diálogo que posúen entre eles mesmos e súas nais. O nacemento, como se desenvolven as súas primeiras experiencias coa contorna. Como se miran e como miran os outros, como senten a luz, os obxectos, a auga, o movemento

  • Dirixido a: niños de 1 a 3 años
  • Duración: 37 minutos
  • 30 de outubro | 11.30 e 13 horas

 

SIN PALABRAS (SE LAS LLEVÓ EL AIRE…) de LaSal 

Están aí, durmindo tranquilas, coma se nada puidese nin alteralas. Pero chega o aire sen avisar, sen preguntar, sen parar, tocando todo o que atopa ao seu paso. Entón, unha delas deixa que empurre o seu corpo e mova as súas mans. E baila por primeira vez. A outra deixa que entre nos seus pulmóns e escoita os sons que saen da súa boca. E canta por primeira vez. Aos poucos, descobren o aire: o que nos envolve, empúrranos, acaríñanos e ocupa o baleiro que deixamos. O aire que alborota o pelo, que seca a roupa ou que se coa polas rañuras para ouvear a súa presenza. Contan sen necesidade de falaren. Quedaron sen palabras ou quizais llelas levou o aire?

  • Dirixido a: niños de 1 a 3 años
  • Duración: 35 minutos
  • 6 de novembro | 11.30 e 13 horas

 

OLAS de TELONCILLO

Chloe adora a auga e cada día asómase ao seu patio para xogar coas pingas de orballo, para pisar as pozas se choveu. O patio de Chloe é moi particular… Se pechas os ollos e o desexas, quizais poidas ver o mar e, en divertidas “ondas”, os seus habitantes saudar. Convidámosvos a pasardes un intre moi sensorial, con sons acuáticos, maxia, luz, música e cancións en directo. Todo iso encamiñado a xogar coas pingas, coa choiva, coa auga, co mar, cos peixes, coas ondas… De novo, a poesía convértese en canción, cun tema central: a auga, e cun espazo moi particular: o patio de Chloe.

  • Dirixido a: niños de 1 a 3 años
  • Duración: 35 minutos
  • 27 de novembro | 11.30 e 13 horas

 

DE AGUA Y BARRO de QUASAR

Nada. Ao principio, nada. Aos poucos, aos poucos. Todo naceu, todo medrou. O ceo, os mares, a terra e EU. Trátase dun retorno á natureza, un espectáculo sensorial baseado nas posibilidades plásticas do corpo humano e nos distintos materiais e obxectos do mundo. A través da luz, o son e a cor, o público descobre un abano de percepcións para viaxar cos sentidos.

  • Dirixido a: niños de 1 a 3 años
  • Duración: 30 minutos
  • 11 de decembro | 11.30 e 13 horas

 


VENDA DE ENTRADAS E ABONOS

  • Entrada: 6€ – Abono de 3 familiar: 15€ (inclúe como mínimo unha persoa adulta e un menor)
  • Menores de tres anos: 2€
    • DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30h
    • DESPACHO DE BILLETES ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
    • TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9 a 22h, sábados de 14 a 22h e domingos de 16 a 21h)
    • www.ticketea.com

Escribe un comentario