Bebescena na Coruña 2015

Volve un outono máis o ciclo de espectáculos infantís Bebescena ao Centro Ágora da Coruña.

 

BERÇOS DE ELECTRÓNICA. CONCIERTO PARA BEBÉS DE PAULO LAMEIRO

Unha inolvidable experiencia para criaturas de 1 a 3 anos, que descubrirán a música en vivo e compartirana coa súa familia; unha grande experiencia en que os instrumentistas inundan a sala de momentos fortes e cantos que estimulan o encantamento. Este concerto ten un instrumento musical pouco común, un ordenador!

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • 27 de setembro | 11, 12.30 e 18 horas
  • Duración: 45 minutos

 

¿CUÁL ERES MI NOMBRE…? Da.Te danza

Vimos ao mundo cun nome concreto, nun lugar concreto, unha familia e entorno definidos e nada diso foi elexido por nós mesmos, é o noso manuscrito inicial e a partir de aí definiráse o rumbo da nosa vida. A historia vai crecendo como o ritmo do espectáculo, trátase dunha linguaxe non verbal a través da danza e a expresión do corpo. Sen embargo, hai algunhas partes nas que afloran as palabras para enlazar situacións e dar impulso a momentos concretos do espectáculo. O neno/a recoñecerá a linguaxe ligado ao movemento e isto, unido á luz e a música, somerxerá ao pequeno espectador nun clima familiar e agradable.

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • 11 de outubro | 11 e 12.30 horas
  • Duración: 45 minutos

 

CHÍOS. Compañía Teatro da Semente

CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 1 a 3 anos e pais e nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo, descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, desfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

  • Dirixido a: nenos mayores de 1 ano
  • 25 de outubro | 11 e 12.30 horas
  • Duración: 30 minutos

 

PEZES. Ultramarinos Lucas

Fomos peces. A partir desta sospeita, un home e unha muller viaxan da man. O vento arrólalles sobre o escenario; tal vez sexan fetos, tal vez estean durmidos, ou cansos. Unha alfombra azul recíbeos, coma se fose un océano, unha enorme placenta quizais, e empúxaos coas súas ondas ata un barreño, que ben podería ser un niño, ou simplemente un caldeiro no que ambos se atopan. Alí as súas mans espertan, as súas bocas ábrense ao mundo, coma se quixesen comelo. Respiran. Parece que nacesen. E xogan coas pedras da beira, trazan camiños, descobren paisaxes nun espello, ou é unha xanela?, ou é o mundo ao revés? Báñanse, mergullan ou choven. Perseguen cunchas de mar, estrelas. Aínda non saben que calquera pode volverse pescado.

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • 8 de novembro | 11 e 12.30 horas
  • Duración: 30 minutos

 

ARROLOS DE SALITRE. Concierto de Nanas. Xabier Díaz

O cerne do concerto é un disco dos “Peixes” e “Berrogüettos” Xabier Díaz e Guillerme Fernández chamado Arrolos de Salitre, a maior parte tradicionais, do seu propio arquivo e algunhas de autor musicadas por eles mesmos. O obxecto é achegarlles o repertorio a papás e mamás e facelos partícipes del, recuperar a marabillosa tradición de adormecer as e os pequenos cantándolles… e que mellor xeito que cun formato de proximidade, sen distancias, facendo que nenas e nenos sexan protagonistas en primeira persoa, que sintan o alento de quen lles canta, a sorpresa de quen lles aprende… E o sono para o soño… A cantar, a durmir…

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • 22 de novembro | 11 e 12.30 horas
  • Duración: 30 minutos

 

POM POM. Teatro de la sonrisa

O circo chegou Beeeeen! Javier e Alicia levarannos polo aire ao son das campás. A través da música e a voz en directo e do ?máis difícil aínda?, estes xefes de pista propóñennos unha viaxe polo maior espectáculo do mundo. Pompón está a piques de saír a coñecer aos máis pequenos.

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • 29 de novembro | 11 e 12.30 horas
  • Duración: 30 minutos

 

AZUL. Teloncillo

AZUL non é só unha cor. Azul é a mañá, azul é a túa mirada, azul é a túa camisa e a túa canesú… azul, azul. AZUL son poemas musicalizados e teatralizados, onde se expoñen cuestións fundamentais: Como serán as casas das jirafas? E as das baleas? Como serán as casas das palabras? Que pintor pinta o mundo ao revés? Por que 2 e 2 son 4, 4 e 2 son 6? Por que un barco de papel navega sen temoneiro…? Obxectos colgados, cubos e barreños axudásennos a responder estas preguntas.

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • 13 de decembro | 11 e 12.30 horas
  • Duración: 30 minutos

 

ENTRADAS

Entrada: 6€ / abono 3 familiar: 15€ (inclúe como mínimo a un adulto e un menor). Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada

  • TELEVENDA: 902 504 500 (de 8.00 a 22.00 h, de luns a sábado)
  • VENDA EN LIÑA: www.ataquilla.com
  • DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 horas (só pago en efectivo)
  • DESPACHO DE BILLETES DO ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
  • SEDE AFUNDACIÓN: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 horas

 

 

Talleres

 

MÚSICA PARA BEBÉS con Paulo Lameiro

  • 26 de setembro | de 10 a 14 e 16 a 17.30 horas | Xornada formativa: Por que e como música na primeira infancia?
  • 26 de setembro | de 17.30 a 19 horas | Obradoiro musical con bebés de 10 a 18 meses no que as familias descubrirán xogos sensoriais para realizaren cos seus bebés guiadas polo musicólogo Paulo Lameiro.
  • Dirixidos a: profesorado, nais e pais
  • Inscrición: 14 bebés acompañados por 1 ou 2 adultos. De balde na conserxaría da Ágora ou chamando ao 981 189 888 a partir do 15 de setembro ata esgotárense as prazas.

 

TALLERES DE MASAXE INFANTIL impartido por  Carla Console

O taller constará dunha parte informativa sobre a “arte” da masaxe infantil, unha pequena demostración da técnica e un xogo de tacto. Serán os pais os que lle realizarán a masaxe e o xogo ao propio bebé.

  • DiriXido a: familias con bebés de 0 a 12 meses
  • 2 talleres de 6 sesións. Datas: mércores 7, 14, 21, 28 de outubro e 4, 11 de novembro
  • Inscrición: do 24 de setembro ao 3 de outubro
  • Prezo: 30€ por familia (familias con xemelos aboan unha única cota).

 

TALLER DE NANAS. ARROLOS DE SALITRE. Xabier Díaz, coa colaboración de Guillerme Fernández

  • 20 de novembro | 18.30 horas
  • 21 de novembro |  12 horas
  • Dirixido a: familias con bebés de 0 a 3 años y futuras madres/padres (20 plazas)
  • Inscrición: de balde, a partir do 3 de novembro

 

 

Centro Ágora da Coruña Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.