Volve Bebescena á Coruña con espectáculos para os máis pequenos durante os vindeiros meses. Nos os perdades!! Anotade na axenda…
GATUXO con Magín Blanco (Galicia)
Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz.
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 21 de setembro | 11 e 12.30 horas
- Duración: 45 minutos
EN EL JARDÍN coproducción de Teatro Paraíso (Vitoria) e Teatro de la Guimbarde (Bélgica)
Dende a máis tenra idade, os nenos e nenas están inmersos no mundo das imaxes, aínda que a maioría das veces dunha forma pasiva. No noso xardín mestúranse o teatro, o vídeo, as sombras e os debuxos, para propoñer aos espectadores unha experiencia visual lúdica e activa.
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 12 de outubro | 11 e 12.30 horas
- Duración: 35 minutos
BABAOL de Enámbar Danza (Albacete)
Era unha vez unha pequena chamada Papoula que tiña por amigo a un caracol. Así podería comezar a historia de Babaol (termo utilizado nalgunhas zonas de Castela A Mancha para referirse á papoula silvestre), que a través da danza, pero tamén da pintura, o teatro, a música e o vídeo, se dirixe aos máis pequenos para ensalzar valores como a amizade, a tolerancia e a imaxinación.
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 19 de outubro | 11 e 12.30 horas
- Duración: 40 minutos
NIDOS de Teloncillo (Valladolid)
Con NIÑOS imos voar, cantar, escoitar, bailar, xogar e imos aniñar. Os paxaros internaranse nas cabezas dos pequenos espectadores e alí farán o seu particular NIÑO. NIDOS é un espectáculo musical con poemas, cancións, sons,ruídos de ás… con mil sons o bosque fala. Con NIDOS imos cantar, soñar, talvez voar…
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 9 de novembro | 11 e 12.30 horas
- Duración: 40 minutos
MIRA MIRA de Ultramarinos Lucas (Guadalajara)
Miramira é un encontro lúdico e sinxelo de dous personaxes, home e muller, nun espazo de figuras xeométricas de cores, onde exploran en torno a distintas dualidades: recta-curva, ti-eu, masculino-feminino, dentro-fóra…
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 16 de novembro | 11 e 12.30 horas
- Duración: 30 minutos
MINIMÓN de Nats Nus Dansa (Barcelona)
A Lúa gústalle descubrir as cousas que se esconden no cuarto dos nenos. Encántalle entrar polo armario cando eles se van, encontrar todas esas ideas que os nenos e nenas van deixando caer das súas cabezas mentres xogan, que se quedan escondidas polos recunchos, debaixo das sabas, dentro dos caixóns ou flotando polo aire.
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 14 de decembro | 11 e 12.30 horas
- Duración: 30 minutos
CUANDO VUELVE LA LUNA de Arena en los bolsillos (Granada)
Unha reflexión sobre a problemática e vivencias actuais de infancia e cidade. A través dun xogo creativo de metáforas mostra a cidade encadrada no ciclo día e noite, recoñecendo o neno como cidadán, o seu espazo e o seu tempo, e valorando a súa participación na vida das cidades.
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 25 de xaneiro de 2015 | 11 e 12.30 horas
- Duración: 30 minutos
O DÍA QUE CHEGOU A NUBE E CHOVEU de Trompicallo (Galicia)
Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga, creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero… que acontece cando un día a auga desaparece?
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 8 de febreiro de 2015 | 11 e 12.30 horas
- Duración: 30 minutos
CHOVE de Titereficciós (Galicia)
O amparo dos paraugas, saltar nas pozas, as rúas molladas… Hai moitas cousas divertidas na choiva. Aínda que cando chove non podemos saír e pasalo ben “Chove” embárcanos na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol espertan na natureza. Un espectáculo para ver ao quentiño! Espectáculo feito para a primeira infancia respectando os seus estímulos, tempos e xeitos de asimilación, duración e achegamento aos elementos empregados na representación.
- Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
- 8 de marzo de 2014 | 11 e 12.30 horas
- Duración: 20 minutos
TALLER FAMILIAR: APRENDER A COMER XOGANDO
Unha dieta saudable axúdanos a sentirnos ben e levar unha dieta de boa calidade axúdanos amanter baixo control as emocións. Taller coordinado por Proime. Dietista: Rocío Fernández.
- DATAS: luns 6 de outubro (bebés de 1-2 anos) e luns 13 de outubro (bebés 2-3 anos) de 17.30 a 19 horas. Sábado 11 de outubro (bebés de 1-2 anos) e sábado 18 (bebés 2-3 anos) de 11.30 a 13 horas.
- Inscrición: gratuita na conserxería do Centro Ágora
- Duración: a sesión é de 1h e 30 minutos: 30 minutos de charla coa dietista e 1 hora coa educadora especializada en neurocoaching, tic, mediación…
ENTRADAS
- Entrada: 6€ / abono 3 familiar: 15(inclúe como mínimo a un adulto e un menor). Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.
- TELEVENDA: 902 504 500 de 8 a 22 horas de luns a sábado
- VENDA EN LIÑA: www.servinova.com
- TAQUILLA Plaza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 horas (só pago en efectivo)
- CENTRO SOCIOCULTURAL A FUNDACIÓN CORUÑA: de lunes a sábado (inclusive festivos) de 9 a 21 horas
- TAQUILLA CENTRO ÁGORA: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
CENTRO ÁGORA na Coruña Como chegar