Bágoas de San Lorenzo en Campo Lameiro

O día 9 de agosto no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro teñen nova actividade. Trátase dunha visita guiada nocturna onde poderedes achegarvos ao mundo dos petróglifos. Da man dun especialista do observatorio astronómico de Cotobade aprenderedes a observar os cambios que se producen no ceo ao longo do ano, as principais constelacións, orientarvos no ceo estrelado do verán e desfrutar da chuvia de estrelas. Unha actividade para toda a familia que non debedes perder!

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 9 de agosto 
  • Para máis información e reservas podedes chamar ao 986 696 066 ou escribir ao mail reservas@paar.es. A data límite de reservas é o venres 8 de agosto.
  • *Posibilidade de cea no Restaurante do Parque Arqueolóxico
  • Parque  Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro en Pontevedra  Como chegar

Escribe un comentario