Auga Doce na Cidade da Cultura

Este trimestre na Cidade da Cultura podedes visitar en familia la exposición Auga Doce. Os rescatadores de Auga Doce é unha actividade para difundir o valor da arte e a xestión sostible e responsable da auga. É unha visita pensada para as familias que queiran vivir dunha forma diferente esta exposición.

Os nenos convertiránse por un día en super heroes e serán os encargados de salvar a auga do planeta de todas as súas ameazas. Catro andares nos que pequenos e maiores deberán combater xunto aos esquimós o desxeo dos polos e construír con eles un iglú onde vivir, ademais de enfrontarse á contaminación dos ríos e axudar aos peixes a sobrevivir.

  • Dirixida a: nenos de 5 a 12 anos
  • Sábados do 12 de abril ao 28 de xuño | 11.30 e 17.30 horas
  • Prezo: nenos de balde e adultos 4€ 
  • É necesario reservar praza dende a web www.cidadedacultura.org
  • Cidade da Cultura en Santiago de Compostela Como chegar

*Durante a Semana Santa todos os días, desde o martes 14 ao domingo 20 de abril no mesmo horario.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.