Asociación Bambán en Neda

Danza, talleres e diferentes actividades culturais!! É a proposta da Asociación Bambán, impulsada por catro integrantes do grupo de danza Miscelánea en Neda. Poderedes coñecer esta nova asociación e tamén ás súas creadoras o martes 8 de xullo no Edificio de Usos Múltiples de Toeleira en Neda. A partir das 19 horas organizan unha festa de inauguración para pequenos e maiores con diferentes actividades de animación. Teredes a oportunidade ademais de coñecer toda a súa oferta cultural e os novos talleres que teñen programados para os vindeiros meses.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 8 de xullo | 19 horas 
  • Entrada gratuita
  • Edificio de Usos Múltiples de Toeleira en Neda Como chegar

 

Para máis información podedes escribir ao mail asociacionbamban@gmail.com.

Escribe un comentario