As Fabas Máxicas

As fabas máxicas de Caramuxo Teatro estarán de xira por Galicia. É a nova proposta do programa Fala Redes pensado para os nenos maiores de 4 anos e as súas familias. Trátase dun espectáculo cheo de humor e poesía. Unha versión renovada do conto tradicional Xan e as fabas no que o propio Xan, coa axuda duns xeitosos monicreques, nos narra en primeira persoa as súas aventuras.

Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.

  • Dirixida a: nenos maiores de 4 anos
  • Entrada de balde
  • DATAS:

Maio

  • 1 de maio | 18 horas | Concello de Lourenzá
  • 3 de maio | 18 horas | Auditorio Municipal de Cerceda
  • 4 de maio | 12.30 horas | Casa da Cultura de Corcubión
  • 11 de maio | 18 horas | Auditorio Municipal do Rosal
  • 16 de maio | 12 horas | Centro Cívico de Xove
  • 17 de maio | 11.30 horas | Casa da Cultura de Ordes
  • 18 de maio | 12.30 horas | Centro Social Polivalente de Brión
  • 24 de maio | 19 horas | Auditorio Municipal do Val do Dubra
  • 25 de maio | 19 horas | Sociedade Liceo de Noia
  • 31 de maio | 18 horas | Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal

Xuño

  • 1 de xuño | 18 horas | Auditorio Carmen Estévez de Vilalba
  • 8 de xuño | 18 horas | Auditorio Municipal Ilduara de Celanova
  • 14 de xuño | 12.30 horas | Edificio Área Panorámica de Tui
  • 15 de xuño | 18 horas | Auditorio Municipal de Lalín
  • 21 de xuño | 20 horas | Edificio das escolas en Ponteceso
  • 22 de xuño | 18 horas | O Toural na Veiga
  • 28 de xuño | 12 horas | Concello de Cee
  • 29 de xuño | 12 horas | Casa da Cultura de Pontedeume

*Podedes confirmar as datas no calendario do programa FalaRedes AQUÍ.

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.