As conservas Mimadriña

Xa vos falamos en máis ocasións de Mimadriña e a nós tennos namoradas cos seus proxectos. Hoxe queremos que coñezades as conservas Mimadriña. Ninguén mellor ca ela para contarnos cómo naceron estas conservas…

«Primeiro mirei pola ventá e vin o que me rodeaba, coa axuda da ilusión dos meus sobriños e sobriñas botei a andar o blog e  despois fixen unha barquiña de papel e púxenme a navegar, foi tan bonita a travesía que convencín a un montón de nenos e nenas para que fixeran a súa barquiña e navegasen miño abaixo defendendo o que é noso, de alí o pouco empecei a argallar peixes de origami, chegou o momento de pesca e fixen unha cana cun pau que atopei na praia, fixen redes e ata unha nasa, e a pesca foi boa! cheguei a praia e pensei que podía facer con tanto peixe fresco, e entón lembreime da tradición conserveira do meu pobo Sardiñeiro, da conserveira de Cerdeiras e da importancia que tivo no ser e no sentir dos meus veciños e veciñas. estaba claro! tiña que montar unha conserveira, a conserveira mimadriña!»

 
[blockquote indent=»yes» ]Selecta inspiración dende a praia de Sardiñeiro, produto elaborado na Costa da Morte[/blockquote]

 

conservas mimadriña

conservas mimadriña

Quixemos tamén saber como foi o proceso de elaboración destas conservas tan especiais e isto foi o que nos contou Palmira, a súa creadora:

«A conserveira mimadriña é unha idea sobre a curiosidade de ollar e facer o meu contorno. É unha exposición itinerante, é unha escusa, como todas as propostas mimadriña, para abordar cos máis pequenos a creatividade e o proceso artesán das conserveiras en Galicia. A elaboración é sinxela, fermosa e moi empoderadora, colles unha folliña de papel, convirtela en peixiños , estrelas ou aquelo que teña que ver co mar, formas unha paisaxe, un recordo e metelo nunha latiña, é así de simple, é unha latiña naïf sobre un produto fermoso e moi recoñecible na nosa terra, que di moito da nosa historia e que eu quería empregar como homenaxe humilde e colorido o traballo das mulleres galegas nesta factorías».

 

Se queredes probalas e saber cómo son as conservas e os produtos mimadriña podedes escribir ao mail palmira@mimadrinha.com. A conserveira mimadriña ten dous produtos diferenciados, por un lado o proxecto formativo en formato de obradoiro creativo e a exposición e por outro lado o produto en si, as latiñas. Podedes mercalas na tenda mimadriña e nalgunhas tendas selecionadas como en Catrineta no Mercado de Abastos en Santiago.

 

Ademais na web mimadrinha.com podedes ver a obra plástica e os cadros que elabora baixo demanda, non o perdades!!

 


 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.