Arte para nenos en Pontevedra

Arte para nenos: é a proposta de Taller Aberto en Pontevedra. Un programa de actividades de educación plástica no que os nenos establecen vínculos coa arte aprendendo a desenvolver un criterio artístico básico. Traballaranse os temas globalmente co fin de construír no neno unha estrutura de pensamento, unha forma de mirar, que o capacite para comprender e apreciar os valores estéticos do mundo.

Abordarán a arte en todas as súas manifestacións plásticas, dende liñas temáticas concretas. Desta forma, a arte non é debuxo, ou pintura, ou modelado ou expresión corporal, senón todo iso á vez. Se trata de que cada neno encontre o seu medio de expresión.

Este primeiro bloque temático divídese en Arte primitiva. Un achegamento ás primeiras manifestacións plásticas do home, os ensaios, as primeiras técnicas, que aínda hoxe serven como inspiración a moitos artistas. En segundo é Da casa á cidade, un percorrido histórico e antropolóxico polos territorios e as súas arquitecturas, que busca descubrir a representación e a análise dos lugares onde vivimos. E durante o mes de decembro Espazos no cadro. Trátase de comprender como, a través das técnicas, consegue un artista transmitir conceptos universais e físicos tales como a alegría, a tensión ou a calma.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O método…

A metodoloxía das sesións baséase na atención á diversidade en grupos cun máximo de dez nenos, traballando con grupos de idades dispares para enriquecer os procesos creativos. Os nenos traballan de forma autónoma, en pequenos equipos e en gran grupo, cun profesor que dirixe o taller e outros que serven de apoio na aula, actuando na zona de desenvolvemento próximo. Búscase estimular o potencial creativo e fortalecer a autoconfianza, ofrecendo ferramentas para que a imaxinación xogue un papel fundamental. O neno constrúe o seu propio coñecemento, por iso é básico ter en conta o que xa coñece. Isto chámase aprendizaxe por descubrimento, que nos nosos talleres se abordará dende o xogo, de forma que cada sesión é divertida e diferente.

Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos

Duración: 1 sesión de hora e media semanal

Luns, martes, xoves ou venres de 16.30 a 18h ou de 18.30 a 20h – Mércores de 17.30 a 19h

Prezo: 45€/mes con desconto do 50% para o segundo irmán

*Os precios inclúen todo o material necesario para o completo desenvolvemento da actividade.

Para máis información podedes escribir ao mail contacto@tallerabierto.info ou chamar ao teléfono 617 340 323.

Taller Abierto en Pontevedra Como chegar

 

 

Escribe un comentario