Aquí e agora en Vigo

Aquí e agora é a proposta educativa do Museo de Arte Contemporánea de Vigo para os nenos e as familias. Unha actividade complementaria da exposición Veraneantes. Son visitas guiadas e obradoiros deseñados e adaptados a distintas idades, para achegarnos ás obras dos artistas participantes nesta mostra colectiva.

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]VERANEANTES[/blockquote]

É unha mostra de produción propia do MARCO que alude a esa condición de reencontro que supón un proxecto circunscrito ao noso contexto máis próximo. Na súa acepción literiaria, remítenos á peza teatral Veraneantes, que Maximo Gorki estrenou en 1904. Enténdese como un exercicio de pensamento expandido, que pon o acento no aquí e agora, e no que as pezas serven para formular preguntas. A relación dos artistas cun territorio —Galicia— fai xurdir cuestións sobre o que significa a pertenza a un lugar, especialmente nun momento como o actual, no que a mobilidade e os fluxos de información reconfiguran constantemente o concepto de identidade, e cando a análise cultural —ou transcultural—excede calquera delimitación xeográfica.

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Dirixidos a: nenos a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos

Do 26 outubro 2013 ao 30 marzo 2014

Sábados e domingos | de 12 a 14 horas

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Museo de Arte Contemporánea de Vigo Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.