Actividades no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Queredes descubrir a orixe do lume? A Idade de Ferro? A vida nos castros? Tedes a oportunidade o vindeiro 12 de marzo no Parque Arqueolóxico da Cultura Castreña en San Cibrao de Lás en Ourense. O parque celebra o seu segundo aniversario cun programa de actividades para disfrutar en familia.

Poderedes visitar a área arqueolóxica acompañados de guías especializados e disfrutar de variadas exhibicións da man dos seus monitores. Descubrir a orixe do lume, coñecer as diferentes técnicas de caza na Prehistoria, indagar no proceso do tecido durante a Idade de Ferro ou achegarse ao interesante mundo da olería castrexa, son algunhas das propostas que nos suxiren para pasar unha divertida e didáctica xornada.

PROGRAMA:

  • VISITAS GUIADAS
    • 11  e 16 horas | Encontros castrexos
    • 12.30 e 17 horas | Visita guiada polo castro
  • EXHIBICIÓNS
    • 11 e 17 horas | Orfebrería castrexa
    • 11.30 e 16.30 horas | Caza na prehistoria
    • 12 e 18 horas | A orixe do lume
    • 13.30 e 17.30 horas | Tecidos e teares

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 12 de marzo | de 11 a 18 horas
  • Prezos: gratis para nenos de ata 6 anos – 5€ adultos – 3€ (para grupos a partir de 10 persoas, nenos de 7-14 anos, maiores de 65 anos, desempregados, universitarios, discapacitados e familias numerosas)
  • Actividades gratuitas coa entrada ao parque
  • As visitas guiadas teñen aforo limitado, é mellor reservar praza no teléfono 988 267 285 ou no mail reservas@pacc.es
  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castreña en San Cibrao de Lás en Ourense Como chegar

Escribe un comentario