Actividades no Museo Massó

O Museo Massó en Bueu organiza este verán obradoiros e actividades para os máis pequenos e tamén singraduras didácticas pola ría.

En busca do Tesouro

A partir dun mapa e algunhas notas orientativas, os nenos, de entre 5 e 9 anos, terán que encontrar as diferentes partes dun quebracabezas.

  • Dirixido a: nenos de 5 a 9 anos
  • 14 de agosto | 12 horas
  • A inscrición é gratuíta

Singraduras didácticas pola ría 

As singraduras pola ría son rutas con carácter didáctico que teñen como obxectivo ofrecer unha experiencia real que permita coñecer de preto o sistema de explotación das bateas ou a pesca do polbo. Os nenos poderán asistir sempre que vaian acompañados dun adulto.

  • 9 e 30 de agosto | 17 horas
  • A inscrición é gratuíta por orde de reserva 

Atando Cabos

Unha cita para toda a familia co obradoiro Atando Cabos, un taller práctico para aprender a facer os nós mariñeiros básicos. Neste día, ademais, farase un visionado dun documental ao redor da temática mariñeira e centrado no remo e na dorna. Como peche da programación para o mes de agosto, o día 23 de agosto á noite darase unha charla nas instalacións do Museo Massó e, posteriormente, sairase a rúa para facer unha observación nocturna do ceo con telescopios.

  • 22 de agosto

 

Inscrición: os interesados nestas actividades deberán inscribirse chamando ao teléfono 986 321 838 –entre as 10 e as 20 horas, de martes a sábado e entre as 10 e as 14 horas os domingos–, ou no enderezo electrónico con museo.masso@xunta.es.

MUSEO MASSÓ en Bueu Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.