Actividades no Museo da Capela

O Museo Etnográfico da Capela organiza para os vindeiros meses actividades para gozar en familia.

  • 27 de abril | Saída a Terras do Deza e visita ao Museo Etnográfico Casa do Patrón en Doade (Lalín)
  • 17 de maio | Día internacional dos Museos e Obradoiro do Pan
  • 28 de xuño | Romaxe ao Monasterio de Caaveiro
  • 13 de xullo | Camiñata a Belelle

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Museo Etnográfico da Capela[/blockquote]

O Museo Etnográfico da Capela está ubicado na Casa do Pazo. A casa recrea unha casa típica dos anos corenta do pasado século. Trátase dunha aula na que o percorrido nos amosa a cociña, o cuarto, a sala dos tecidos, os diferentes oficios, os aparellos da labranza… Pequenos e maiores disfrutaredes coñecendo cómo era a forma de vida e de traballo dos nosos avós. Todas as pezas foron doadas por veciños da Capela e recollidas nun primeiro momento polos alumnos e mestres do colexio Mosteiro de Caaveiro da Capela. Hoxe son máis de 2.000 as pezas que se expoñen neste museo que tenta poñer en valor o patrimonio cultural do territorio.

[blockquote indent=»yes» ]Para visitar o Museo[/blockquote]

  • Sábados, domingo e festivos | De 11 a 14h e de 16 a 19h
  • Durante a semana a visita require cita previa no teléfono 678 71 39 71

 

MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.