Actividades na Biblioteca Ánxel Casal

As actividades de animación á lectura para os nenos continúan na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago con novos contacontos e obradoiros. Son sesións que buscan achegar a lectura e os libros aos máis pequenos.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Os sábados, choiva de contos  | Entrada libre ata completar a capacidade da sala

  • 18 de outubro | 12 horas | Lobo Bobo con Elefante Elegante | Para nenos de 3 a 7 anos
  • 25 de outubro | 12 horas | Contacontos interpretado na lingua de signos | Para nenos 6 a 12 anos

[divider height=”40px” ]

Os xoves, cóntame un conto  | Entrada libre ata completar a capacidade da sala. De modo desinteresado os propios usuarios da biblioteca e participantes do programa de voluntariado da Xunta para bibliotecas, Bibliovol, lerán contos.  *Para nenos de 4 a 8 anos

  • 2 de outubro | 18.30 horas | Lerán Raquel Vázquez e Rut Morate 
  • 9 de outubro | 18.30 horas | Lerán Margarita Castro e Rut Morate
  • 16 de outubro | 18.30 horas | Lerán Raquel Vázquez e Silvia Codesido
  • 23 de outubro | 18.30 horas | Lerán Raquel Vázquez, Silvia Codesido e Rut Morate  
  • 30 de outubro | 18.30 horas | Lerán Raquel Vázquez e Silvia Codesido

[divider height=”40px” ]

Obradoiros literarios con Luz Martínez para nenos de 6 a 8 años. Esta actividade, coordinada por Luz Martínez, ten por obxectivo espertar nos nenos o interese pola lectura a través da música, o movemento e a psicomotricidade. Ler e escribir convírtese así nunha actividade lúdica que parte dos propios intereses dos nenos.

  • Todos os martes de outubro | 18.30 horas

[divider height=”40px” ]

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 999 401.

BIBLIOTECA PÚBLICA ÁNXEL CASAL en Santiago Como chegar