Actividades infantís en Carballo

O programa APEGO é unha iniciativa que persegue a socialización en galego da infancia implicando ás familias con nenos e nenas de ata 6 anos. O concello de Carballo uniuse á iniciativa e programa os vindeiros meses variadas actividades para gozar en familia. Estas son as actividades para este mes de marzo:

 

 
Contacontos: O galo engancha

Contacontos teatral de Trinketrinke. Érase unha vez un galo que todas as mañás cantaba moi cedo. Un día o granxeiro, farto del, colleuno polo pescozo e…, xa non se puido soltar.

 

 

  • Dirixido a: nenos de 1 a 10 anos
  • 17 de marzo | 18 horas
  • Entrada de balde ata completar o aforo
  • Pazo da Cultura de Carballo

 
Contos de primavera

Contacontos teatral de Trinketrinke. Din que a primavera o sangue altera, e a Lilí Gruyére algo lle pasa: hoxe só conta contos de amor

  • Dirixido a: nenos de 3 a 8 anos
  • 30 de marzo | 17.30 e 19 horas (dúas sesións)
  • Entrada de balde. É necesario recoller convite de balde na Biblioteca
  • Biblioteca Rego da Balsa de Carballo

 
 

Escribe un comentario