Actividades Globalita na Coruña

ONG Global Humanitaria celebra os seus 15 anos na Coruña con actividades infantís nos Xardíns Méndez Núñez. A ONG porá de manifiesto a vulneración dos dereitos da infancia que a día de hoxe se segue producindo e amosará o trabajo que realiza en defensa dos mesmos. Hoxe en día uns 146 millóns de nenos padecen desnutrición crónica, segundo datos de Nacións Unidas, e preto de 57 millóns de nenos e nenas non poden acceder á educación primaria.

Globalita, a imaxe de Global Humanitaria tamén cumpre 15 anos e é o eixo condutor dos contidos das propostas desta campaña. As actividades infantís como obradoiros de debuxo e confección de imáns, contacontos, manualidades… forman parte de propostas gratuitas para toda a familia que realizan en distintas cidades españolas.

Poderedes achegarvos a todas as súas accións e proxectos e os máis pequenos poderán coñecer e defender os seus dereitos, así como outras realidades.

  • 14 de maio | de 10.30 a 19.30 horas 
  • 15 de maio | de 10.30 a 18 horas
  • Xardíns Méndez Núñez  na Coruña Como chegar

 

Podedes seguir todos os proxectos e as áreas de traballo de Global Humanitaria na súa web: www.globalhumanitaria.org. Onde ademais explicannos as distintas maneiras nas podemos colaborar.

 

apadrina_globalhumanitaria

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.