Actividades didácticas na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura en Santiago de Compostela continúa coas actividades dun programa lúdico e didáctico co que achegará a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido ao público familiar. 

Aventura no Amazonas

Se queredes descubrir esta exposición dunha forma diferente cada sábado pequenos e maiores poderedes convertervos en exploradores e adentrarvos no corazón da selva amazónica. Descubriredes as costumes das doce etnias que habitan o Alto Orinoco, a súa artesanía e o seu saber ancestral nun percorrido especialmente pensado para gozar en familia. Os nenos achegaránse aos indíxenas a través do Campamento Tepuy, unha zona con actividades didácticas nas que poderán dar renda solta á súa imaxinación. Trátase doutra forma de coñecer Orinoco. Viaxe a un mundo perdido e de pasar un sábado diferente en familia.

aventura_no_amazonas

Sábados | 11.30 horas e 17.30 horas

Duración: 90 minutos

Prezo: 4€ | 2€ (familias numerosas, grupos de máis de 20 persoas, estudantes, carné xove e discapacitados) | Gratuita para menores de 18 anos, xubilados e desempregados

É necesario reservar previamente na web da Cidade da Cultura.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Unha noite no Orinoco

A Cidade da Cultura ofrece aos nenos de entre 6 e 12 anos pasar de ser espectadores a exploradores vivindo unha aventura nocturna nun auténtico poboado indíxena. Cargados cos seus sacos de durmir e, tras visitar a exposición, os pequenos poderán escoitar, co ruído da selva e do río Orinoco de fondo, os ritos das distintas etnias e as súas lendas ancestrais e  participar nunha danza tribal antes de durmir baixo as estrelas do Museo.

unha noite no orinoco

Datas: 8 e 29 de novembro

Venres

19 horas | Chegada ao Museo Centro Gaiás

19.30 horas | Visita guiada dinamizada á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido

21 horas | Cea pic-nic no Museo Centro Gaiás

22 horas | Chegada ao Campamento Tepuy, onde o xamán os introducirá na tribo antes de sentar a escoitar as historias, os ritos e as lendas

00.30 horas | Toque de queda

Sábado

9 horas | Diana, aseo e recollida de campamento

10 horas | Almorzo

11 horas | Foto de recordo e despedida

Prezo: 8€

Entradas: á venda en Servinova.

*Os nenos que participen deberán levar saco de durmir, esterilla, utensilios de aseo e chándal ou roupa cómoda.

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.