Actividades de Apego en Santiago

Xa vos falamos en máis ocasións de Apego e de todas as actividades que levan a cabo en Galicia. Estas son as próximas actividades para Santiago:

APEGO é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial: apego.gal

 

Un percorrido seguro en familia

A Policía Local de Santiago prepara unha actividade divertida para aprender e practicar a seguridade viaria.

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos  acompañados dunha persoa adulta
  • 29 de abril | 18 horas | CSC do Ensanche
  • É necesario inscribirse no Centro Sociocultural do Ensanche (Santiago) ou no 981 543 001

 

Contiario con Pablísimo

Pasen e vexan! Pasen e escoiten!… Achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo!

  • Dirixido a: nenos de 0 a 6 anos
  • 3 de maio | 18 horas | CSC das Fontiñas
  • 11 de maio | 17.30 horas | CSC de Santa Marta
  • De balde

 

Venres en familia: Customizamos camisetas

Os participantes deben levar unha camiseta que personalizarán pintándoa, cortándoa ou converténdoa noutra prenda.

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos  acompañados dunha persoa adulta
  • 6 de maio | 18 horas | CSC do Ensanche
  • Inscrición no CSC do Ensanche ou no 981 543 001 ata comezar a actividade

 

Había unha vez… con Fabaloba

Aprenderedes a contar contos, intercambiar historias e maneiras de contalas e pasaredes bos momentos cos pequenos e pequenas.

  • Dirixido a: nais e pais con nenos ata 6 anos
  • 6 de maio | 18 horas | CSC de Conxo
  • 20 prazas, por orde de inscrición enviando un correo a dlg@santiagodecompostela.org. Serán 4 sesións: 6 e 27 de maio, 3 e 10 de xuño

 

***Irei avanzando novas actividades cada semana. Podedes ver o calendario completo para os centros socioculturais de Santiago AQUÍ.

Escribe un comentario