Actividade no Museo do Mar

O Museo do Mar de Galicia organiza para este venres 6 de decembro unha nova actividade para que pequenos e maiores podamos ver cómo se alimentan os peixes do acuario coa compañía dun dos monitores do Museo do Mar. Veredes como un dos acuaristas se mergulla para dar de comer aos peixes do acuario e poderedes coñecer a estes pequenos habitantes.

Dirigido a: todos os públicos

6 de decembro | 11.30 horas

É necesario reservar previamente chamando de martes a vernres de 10 a 14h e de 17 a 19h ao teléfono 986 247 750.

Prezo: os maiores de 8 anos teñen que pagar a entrada do acuario (2€ normal e 1€ reducida para nenos entre 8 e 18 anos, estudantes, desempregados e xubilados)

Museo do Mar de Galicia en Vigo Cómo llegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

Escribe un comentario