A Tropa de Trapo en Lugo

Este domingo día 20 de abril preestréase en Lugo a película infantil A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella. A longametraxe, producida por Abano Producións, Anera Films e Continental Animación, é a segunda parte das aventuras deste grupo de mascotas, unha adaptación da serie británica de animación para televisión The Happets.

A Tropa decide decide axudar aos pequenos animais con dificultades para sobrevivir e por isto viaxa ata a Selva do Arco da Vella. Alí, Mumu, Milo, Rita, Talalo, Alfred e Olga descobren toda a diversidade biolóxica en forma de novos personaxes, ademais dun arco da vella que respira fatigado e moribundo, xa que as súas cores, debido ao mal trato ao planeta, van esmorecendo. A Tropa decátase deste xeito que todas as cores da Terra poden desaparecer para sempre e ponse mans á obra porque non pode permitir que isto suceda.

A estrea en cines será o 30 de abril.

  •  20 de abril | 18 horas
  • Con invitación e ata completar o aforo da sala
  • Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo Como chegar

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

¡Compártelo!
Artículo anteriorMundoXogo en As Pontes
Artículo siguienteXogopark en Vigo

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.