A Ratiña Azul e o Queixo Levitador en Ferrol

A Ratiña Azul e o Queixo Levitador é unha proposta escénica e musical pensada para o público máis pequeno. Cunha coidada posta en escena, este espectáculo mestura música e teatro.

Un cabaliño do demo empeza a voar polo río e chega onde o río cambia de sexo e se converte en ría chegando ao mar. No mar están as baleas e demais animais mariños. O cabaliño do demo pérdese na grandiosidade do océano e a balea axúdao a embarcar nun gran barco de mercancías para que o leve a terra. O cabaliño do demo sobe ao barco e despídese da balea agradecido. Debe agocharse nalgures ata chegar a terra. A bodega do barco é bo lugar; a mercancía que transportaba o barco eran queixos apilados entre palla, como unha morea de palleiros, queixos con moitos buracos. O cabaliño do demo métese no buraco dun queixo; alí ninguén o descubrirá! Pero pola noite escoita unha voz; a rata azul cantando ópera bogando no medio dos queixos nunha góndola moi elegante. Ambos sorpréndense un do outro por ser un queixo levitador e unha rata de cor azul. Despois de coñecérense fanse amigos, perden o medo, chegan a porto e segue cada un deles a súa viaxe.

  • Dirixido a: nenos de 6 meses a 11 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 6 de ​abril | 18 horas
  • Prezo: 5

 
Teatro Jofre en Ferrol Como chegar

 
 

 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.