A Gramola Gominola

Coñecedes A Gramola Gominola? É un grupo de música infantil formado por Paula Romero (voz), Ro Muñoz (batería), Anxelo de Xermar (baixo) e Paco Cerdeira (guitarra). O seu primeiro traballo é o libro disco do mesmo nome, editado por Galaxia, e pensado para os máis pequenos con diferentes estilos: punk, rock, pop, country, blues… A Gramola Gominola buscou darlle unha volta á música que se producía habitualmente pensando nos pequenos, preguntándose “por que non facer corear a un grupo de nenas e nenas o Hey, Ho, let’s go?”. Paula, Ro, Anxelo e Paco presentan un concerto dinámico, moi participativo e divertido cun trasfondo didáctico.

Neste primeiro traballo contan con colaboracións como as de Mini e Mero (A Quenlla), Luis Tosar, Alberto Cereijo, Pablo Dalama e Xenderal Beat…

Próximos concertos: 

  • 11 de marzo | 18.30 horas | Casa da Cultura de Bertamiráns en Ames    *entradas: 4€

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.