A Festa das Letras Galegas na Coruña

Na Coruña celebran o Día das Letras Galegas con xogos e música. Co obxectivo de potenciar e promover o uso do galego no xogo, no ocio, nace esta actividade, unha maneira diferente de celebrar o Día das Letras, diversión a través da música, ao mesmo tempo que se desenvolven sensibilidades comunicativas e se valoriza o idioma.

  • 17.30 horas | XOGOS DO PAPORRUBIO

Os xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais…

  • 19 horas | Concerto de MAMÁ CABRA: 15 primaveras

Despois de ler o poema do Timoteo do libro “Rimas con letras”, Gloria emocionada e ilusionada toma unha decisión, encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se convertirá en Mamá, Mamá Cabra. Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de concerto-teatro no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

  • 17 de maio | 17.30 e 19 horas
  • Actividades gratuitas
  • Xardíns de Méndez Núñez na Coruña Como chegar (*en caso de choiva trasladaráse ao Centro Ágora)

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.