15 primaveras de Mamá Cabra

MAMÁ CABRA e o seu espectáculo 15 primaveras continúa de xira. O grupo presentaba en 2015 este renovado espectáculo, cargado de enerxía, como un repaso por 12 discos e centos de cancións para cantar, bailar e reflexionar. Nesta celebración Mamá Cabra quere agradecer a todo o público a compañía, convidándovos a continuar o soño, o soño dunha Mamá Cabra cantareira e festeira e sempre disposta a facervos pasar un bo momento.

Trátase dun espectáculo cun formato de concerto-teatro no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

 Próximos concertos:

  • 18 de xuño | 20 horas | Anfiteatro Parque da Igrexa de Cambre

 

 

Escribe un comentario