Zapatos de Caramuxo Teatro

¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos…

Zapatos narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono…

 

 

  • Dirixido a: nenos de 1 a 4 anos
  • 29 de abril | 18.30 horas
  • 1 de maio | 12.30 horas
  • Duración: 30 minutos 
  • Entradas: 5€
  • SALA GURUGÚ na Coruña Como chegar
  • Para máis información e reservas no teléfono 616 701 099 ou tamén a través do correo electrónico salagurugu@gmail.com.

 

AQUÍ podes ver os próximos espectáculos do mes de maio na Sala GURUGÚ da Coruña.

Escribe un comentario