Verano en el Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago organiza unhas actividades de verán os días 5, 6 e 7 de xullo para divertirse no museo. As actividades buscan que os nenos pasen unhas mañás divertidas, á vez que aprenden sobre o patrimonio educativo e lúdico de Galicia. Haberá un obradoiro onde aprenderán a crear algún material e utensilio relacionado coa educación en Galicia: escritura con pluma, estampación con selos, creación de xoguetes… e unha xincana de xogos populares no patio exterior do museo: aros, rá, mariolas, bistros, porca, tiro da corda…

  • Dirixido a: nenos de 5 a 10 anos
  • 5, 6 e 7 de xullo | de 11 a 13 horas 
  • As prazas son limitadas así que é necesario inscribirse con antelación no correo electrónico museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es a partir do 15 de maio co nome completo, idade e observacións a ter en conta.
  • MUPEGA en Santiago Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.