Verán na rúa 2013 en Compostela

 

Verán na rúa 2013 en Santiago de Compostela

pablo trasno verán na rúa As tardes do mes de agosto en Compostela encheránse de música, circo, teatro, títeres, contacontos… para disfrutar do Verán na rúa, un amplo programa dirixido ao público infantil e familiar. 

Kanbahiota Vaya Circo!

Tres personaxes, en clave de humor, terán que sacar a función a término superando infinidade de problemas. Un show de 50 minutos con elementos novidosos e espectaculares: aéreos, portes coreanos, mastro chinés, clown… Un espectáculo completo que garante unha tarde de emocións, asombro, humor e risas para todas as idades.

 6  de agosto | 19.30  e 22 horas | Praza da Quintana (en caso de mal tempo será no Teatro Principal)

Velocíclopes de Fantoches Baj

Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs: “O propietario”, “Ser ou non ser” e “Os bos modais”, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente…). 

7 de agosto | 18.30 horas |  Alameda

Circo Chosco

Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que persoas! Realizarán un espectáculo cheo de trampas, golpes, maxia, fracasos, éxitos, bágoas e risas… sobretodo risas e moito circo! Chosco é un espectáculo case sen fala e para todo tipo de público, mestura de comedia e circo, que tén como resultado unha obra cómica con acrobacia, malabar e técnicas de portes e equilibrios nas que o público se unirá aos artistas: na emoción e na risa!

 8 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

5 de setembro | 19.30 horas | Alameda

Títeres a cielo abierto con Manu Mansilla

Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rápidamente descubrirase que Benigno Escalante é un sociable e tenro monstro alaranxado. Un cuadrilleiro chamado Perigo ven decidido a conquistar o mundo e busca entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá atopar tres nenos malvados que o axuden a concretar o seu maléfico plan? Ou será máis forte o desexo de conservar e protexer o noso planeta e os seres que viven nel?

9 de agosto | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Clowntamination con Rudi Dudi

Rudi Dudi, no seu personaxe “o home máis forte do mundo”, ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora e un espectáculo dinámico e interactivo consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador “perda” a noción do tempo e “gañe” un sorriso.

12 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

Pablo Superstar Cool

Pablo Muñoz ofecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un “Superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Con este espectáculo enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible.

13 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

14 de agosto | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Pablo Trasno

Podes soñar coa maxia, co riso, coa emoción que che transmitirá este espectáculo que integra circo, música, danza e teatro. Capaz de facerte sorrir e vibrar coas súas fazañas cómicas, cos seus malabarismos técnicos ou cos seus números acrobáticos, está cheo de emoción de principio a fin.

19 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

26 de agosto | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Impreuna de Pistacatro

Ambientado na época actual, Impregna é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo, todo isto, sen renunciar á fusión sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia. O espectáculo descubre ao espectador a vida no interior do circo a través das vivencias dunha troupe de 7 artistas.

20 de agosto | 19.30 e 22 horas | Praza da Quintana

El diábolo de DJuggledy

O “tolo guiri alemán”, no seu espectáculo O diábolo presenta 1-2-3… ata sete diábolos dun xeito espectacular, con moitas risas e enerxía positiva. A música marcará o ritmo frenéitco dos xogos malabares con que ambienta a súa performance. Trucos orixinais, boas ideas e un número excepcional cun diábolo inquedo, atrevido e audaz que non para nin un momento.

21 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

22 de agosto | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Instantes imaxinarios de Miguelillo

Unha montaxe fresca e actual onde a maxia máis divertida mestúrase coas técnicas máis clásicas para ofrecer un espectáculo diferente onde a participación do público vai marcando o seu desenvolvemento: barallas que comen, panos que desaparecen, aneis que voan e ata un inexplicable número de escapismo, son tan só algúns dos ingredientes que atoparás nestes 45 minutos de enerxía máxica.

23 de agosto | 19 horas | Alameda

23 de agosto | 20.30 horas | Praza da Quintana 

Peter Punk e o neno imperdible

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase…, e volve ser un pallaso. Un músico e un artista de circo. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo.

27 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

30 de agosto | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Manicus de Manu Lago

Espectáculo sobre o amor, ese curioso sentimento ou obsesión que nos afecta a todos, sobre todo ao noso protagonista. Os paxaros cantan, as flores despertan, o sol luce radiante… e Manicus fracasa. Malabares cos recordos, baile de suspiros, paixón descontrolada e poesía da vida. A través da manipulación de obxectos, do pallaso e do circo viviremos 45 minutos de diversión asegurada para todos os públicos.

28 de agosto | 19.30 horas | Praza da Quintana

11 de setembro | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Circo Caracol con Rudi Dudi

O circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga “Elegante” e a poética Plumerita, a Mosca indomable e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida…o pallaso RudiDudi…e moito máis.

29 de agosto | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

A Tropa de Trapo

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba: Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

3 de setembro | 19.30 horas | Praza da Quintana

4 de setembro | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario 

O galo Quirico e os seus amigos con Seisdedos Marionetas

Números de marionetas tradicionais nos que os espectadores participan cantando e danzando, preséntase o conto “O Galo Quirico” seguindo a versión popular, que á súa vez inspira á publicada por Bernardino Graña. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, con música interpretada en escena polo acordeonista Carlos Quintá.

9 de setembro | 19.30 horas | Praza de San Martiño Pinario

Cantos do mundo con Rastrexos Project

Rastrexos Project xorde a partir da fusión de diversos estilos musicais baseados na confluencia de xéneros e sons universais. A súa música, baseada na percusión, abre un percorrido a través dos ritmos galegos, africanos, latinos, brasileiros… que desemboca nunha posta en escena na que o público é partícipe do espectáculo.

10 de setembro | 21 horas | Praza da Quintana

O crebanoces da Banda Municipal de Música

O Crebanoces é un espectáculo para monicreques, dirixido a público familiar, inspirado no conto de Hoffmann e no que a música que creou Chaikovski está interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Producido por Santi Prego, a manipulación dos monicreques de mesa é realizada por Larraitz Urruzola da compañía Babaluva.

12 de setembro | 19.30 horas | Praza da Quintana

 

Praza da Quintana Como chegar

Praza de San Martiño Pinario Como chegar

 


¡Compártelo!
Artículo anteriorFesta do Miño 2013
Artículo siguienteAviones

1 Comentario

Escribe un comentario