Verán na Cidade da Cultura

O verán chega á Cidade da Cultura de Santiago con dúas atractivas propostas pensadas para os máis pequenos: Unha noite no bosque e a Xincana literaria.

Unha noite no bosque

Os nenos e nenas de 10 a 13 anos poderán pasar unha noite única nesta acampada na que compartirán e coñecerán a flora e fauna, a importancia dos bosques e hábitats e os costumes e oficios vencellados á madeira a través da mostra Da árbore á cadeira. Gozarán dunha noite rodeados de natureza e á luz das estrelas e de lendas mitolóxicas no corazón do Bosque de Galicia.

  • Datas: 7 e 14 de xullo e 18 e 25 de agosto
  • Programa:
    • VENRES
      • 19 horas | Recepción dos participantes
      • 19.30 horas | Visita guiada pola exposición Da árbore á cadeira
      • 20.15 horas | Montaxe de campamento
      • 21.15 horas | Cea
      • 22.30 horas | Roteiro polo Bosque de Galicia Os Sons da Noite
      • 23.15 horas | Obradoiro de estrelas Mitoloxía
    • SÁBADO
      • 8.30 horas | Aseo e almorzo
      • 9.15 horas | Recollida do campamento
      • 10 horas | Obradoiro da fauna nocturna
      • 11 horas | Obradoiro de nós
      • 12 horas | Despedida
  • Dirixido a: nenos e nenas de 10 a 13 anos
  • Entradas: 12€ (Ataquilla ou Museo Centro Gaiás, e na taquilla o día do evento)
  • Os participantes deberán levar saco de durmir, estera, utensilios de aseo e roupa cómoda e de abrigo. En caso de moi mal tempo, a actividade trasladarase a un espazo interior da Cidade da Cultura de Galicia

 

Xincana literaria

Este mes de xullo haberá ademais dúas sesións da Xincana literaria para conmemorar o centenario da publicación Terra asoballada de Ramón Cabanillas. Trátase de achegar ao público familiar a vida e obra do poeta dun xeito diferente, participativo e lúdico.

  • Datas: 12 e 19 de xullo | 18 horas
  • Dirixido a: familias con nenos e nenas maiores de 5 anos
  • Entrada de balde, previa inscrición

 

Ademais no mes de agosto volve á Cidade da Cultura a festa Cidade Imaxinaria, pronto vos contarei máis!

Escribe un comentario