Verán Cultural en Carballo

Carballo celebra o verán cunha ampla programación cultural para pequenos e maiores. Durante xullo e agost0 podedes disfrutar do VERÁN CULTURAL.

Glup Glup Teatro

catalina lino linaCatalina Lino Lina. Catalina é unha personaxe de ficción cansa de estar ás ordes de quen escribe. Pero Catalina é unha inconformista que soña cun lugar onde os rebeldes coma ela poidan vivir como lles pete e así, chega ao mundo real, o lugar perfecto para converterse na narradora ideal das súas vivencias.

26 de xullo | 20 horas |  Praza do Concello

8º Festival Sereas e Piratas

sereas e piratas carballoO Festival Sereas e Piratas volve a sorpréndenos cunha xornada de música e deportes no areal de Razo. Surf, skate, volei-praia e música. A entrada anticipada custa 5€ e 8 € en billeteira. Podedes seguir o programa na web: sereasepiratas.net.

27 de xullo | durante todo o día | Praia de Razo

Maxia con Cayetano Lledó

Cayetano_LledoMinutos antes de saír a escena, o presentador descubre que os artistas dimitiron debido á crise. Só ante o perigo, disfrazarase de diferentes personaxes e artistas. O novo espectáculo do ilusionista e mago galego Cayetano Lledó combina o encanto e a sedución da maxia co ilusionismo teatral, a comedia e o humor. Música, danza, mentalismo, ou malabarismos complementan este show pensado para público de todas as idades.

9 de agosto | 22.30 horas | Praza do Concello

Non é país para cabaleiros con Ghazafelhos

non e pais para cabaleirosDous cabaleiros medievais galopan na procura de conquistas. A historia da súa desventura na que os dous cabaleiros non acaban de atopar o seu lugar nos novos tempos Unha obra divertida, con moita picaresca onde homes de carne e óso se mesturan con monicreques. Un espectáculo que encherá a rúa de gargalladas.

 16 de agosto | 20 horas | Xardín Municipal

Noites de cine

Las aventuras de Tadeo Jones

18 de xullo | 22.30 horas |  Sísamo

1 de agosto | 22.30 horas |  Baldaio. Pedra do Sal

21 de agosto | 22 horas |  Praza de San Cristovo

¡Rompe Ralph!

23 de xullo | 22.30 horas |  Sofán (Colexio Gándara)

8 de agosto | 22 horas | Praia de Razo

13 de agosto | 22 horas | A Brea

Ice Age 4

24 de xullo | 22.30 horas | Oza – Local Social

6 de agosto | 22 horas | Ardaña. Escola de Gontade

Podedes consultar o programa completo neste PDF. Solamente sinalamos os filmes dirixidos ao público infantil e familiar.

 

Escribe un comentario