Teatro&Danza en Santiago

Teatro&Danza en Santiago

Dentro do ciclo Teatro&Danza que dende setembro e ata decembro acolle unha ampla programación cultural en Santiago de Compostela atopamos esta sección Infantil e Familiar.

Cama e conto de BabaluvaCama e conto de Babaluva. Un espectáculo baseado nas lembranzas de dúas personaxes inesquecibles, NAI e a súa filla MALVA ,que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía e sentimento.

Dirixido a: nen@s de 4 a 12 anos

 10 de novembro | 18 e 19.30 horas

ZONA C San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela Como chegar

 

nuncabungaNuncabunga de Elefante Elegante. Un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. A acción desenrólase nun espazo que evoca a proximidade co mar.

Dirixido a: nen@s de 3 a 12 anos

15 de decembro | 18.30 horas

ringo_rangoRingo Rango de Pistacatro. Circo, música e humor nun cóctel impensable e surrealista a todo ritmo onde tres amigos con personalidades opostas, únense para mostrar a bondade e a saúde de ser un mesmo.

Dirixido a: nen@s a partir de 6 anos

16 de decembro | 18.30 horas

afollamaisaltaA folla máis alta de Paula Carballeira e Berrobambán. A folla máis alta é unha aposta por un xogo que transforma as palabras en pequenas historias nas que contamos que fomos nen@s antes de ser adultos, e que tiñamos grandes soños, grandes amigos, unhas ganas enormes de medrar para comernos o mundo, para morder a folla máis alta da árbore, a máis verde…

Dirixido a: Público familiar

22 de decembro | 18.30 horas

TEATRO PRINCIPAL en Santiago de Compostela Como chegar

Entradas: 5€ (é posible comprar a entrada familiar para as 4 funcións por 15€). Venda de entradas na taquilla do Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas. O teléfono da taquilla é o 981 542 349. Tamén se pode comprar a entrada o día do evento.

Escribe un comentario