Teatro na Sala Gurugú

Sábados en familia na Sala Gurugú

A Sala Gurugú de A Coruña ofrece unha ampla programación para disfrutar do teatro e facelo en familia. Aquí recollemos os espectáculos teatrais dirixidos a nen@s e familias nos meses de outubro e parte de novembro.

Ñam de Caramuxo Teatro

ñamUn novo espectáculo de teatro para bebés, envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Dirixida a: nen@s de 1 a 6 anos

Duración: 35 minutos

19 de outubro | 18.30 horas

20 de outubro | 18 e 19 horas

 

Polichinela Titor de Pierrot de Danthea Teatro

polichinelaPolichinela é o profesor que acude xunto ao rebelde Pierrot trala chamada de seu pai. Contaránnos as aventuras de titor e pupilo.

Dirixida a: nen@s a partir de 5 anos

Duración: 55 minutos

27  de outubro | 18.30 horas

 

Entre Caixas con Chus Álvarez

entre caixas chus alvarezEntre caixas é unha narración interactiva. Unha gran cantidade de caixas que esconden as palabras, os animais e os sorrisos.

Dirixido a: Todos os públicos

3 de novembro | 18 horas

 

O Parrulo Feo de Tres globos 

o parrulo feoA cisne Sofia  busca un niño onde poñer o seu ovo e a parrula Gloria fixo un niño para poñer os seus dous ovos, e pídelle a Canelo que os coide. A partir de aquí… ¡vaia lio!

Dirixido a: nen@s a partir de 2-3 anos

Duración: 40 minutos

10 de novembro | 18 horas

11 de novembro | 12.30 horas

Un Cuento Viejo Vuelto a Contar de Títeres Cascanueces

cuentoviejoA historia comeza o día en que misteriosamente desaparecen o sol e a lúa. Ninguén se atreve a dicir quen os roubou porque foi unha bruxa, pero Nenusín comeza a buscalos…

Dirixida a: A partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

17 de novembro | 18 e 19 horas

O vendedor de paxaros con Miro Migariños

ovendedor de paxarosEspectáculo para pequeno formato que mestura técnica actoral e de sombras chinesas, de aproximadamente unha hora de duración e con dramaturxia de Eduardo R. Cuña “Tatán” e Miro Magariños. Está pensado para interior pola necesidade de escuro.

Dirixida a: A partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

24 de novembro | 18 e 19.30 horas

SALA GURUGÚ en A Coruña Como chegar
Prezo: 5€ (bono 3: 12€)
Entradas: Reservas no teléfono 616 701 099 ou no correo electrónico salagurugu@gmail.com.

¡Compártelo!
Artículo anteriorLa Brujita Tapita en Vigo
Artículo siguienteHotel Transylvania

Escribe un comentario