Teatro en la Sala Gurugú

A compañía Pérez&Fernández estará esta fin de semana na Sala Gurugú da Coruña estreando o seu espectáculo O poder de Amabel, baseado nunha novela de Érica Esmoris.

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. No espectáculo da compañía Pérez&Fernández, Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos; eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia. Unha peza que nos fará reflexionar sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e, sobre todo, a aceptación dun mesmo.

  • ​Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • 16 de xaneiro | 18.30 horas
  • 17 de xaneiro | 12.30 e 18.30 horas
  • SALA GURUGÚ na Coruña Como chegar
  • Para máis información e reservas no teléfono 616 701 099 ou tamén a través do correo electrónico salagurugu@gmail.com.

 

 

Escribe un comentario