Teatro e música infantil en Ferrol

Teatro e música infantil no Teatro Jofre de Ferrol

Mowgli, el libro de la selva

mowgliMowgli é todo un clásico que reflicte comportamentos e valores humanos, como a amizade, a xenerosidade ou o rancor. Unha historia que xira sobre a aceptación e o respecto ás diferentes razas e especies. Unha reflexión sobre o equilibrio e as leis da natureza.

Dirixido a: nenos de 3 a 7 anos

Duración: 50 minutos

21 de abril | 18 horas

Prezo: 5€

El Principito

El_PrincipitoHabía unha vez un neno que habitaba un planeta apenas máis grande ca el e que tiña necesidade dun amigo… O principito vive só nun pequeno planeta, onde pasa os seus días limpando os seus tres volcáns e quitando as árbores baobab que constantemente intentan botar raíces alí, de permitirlles crecer, as árbores partirían o planeta en anacos. A súa única distracción é ver as postas de sol.

Dirixido a: público infantil e familiar

Duración: 1 hora

27 de abril | 20 horas

Prezo: 7€

Il Cirque D’Amore

cirque d'amoreA compañía Butterfly Ensemble preséntanos unha obra de teatro e un recital de ópera ao tempo. A través dunha divertida historia para nen@s e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular. Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, da de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ria dela… Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Dirixido a: nenos a partir de 4 anos

Duración: 45 minutos

12 de maio | 18 horas

Prezo: 7€

Los tres cerditos

los tres cerditosNun bosque moi profundo viven tres porquiños, deciden construírse unha casa para protexerse das inclemencias do tempo… e do lobo. Haberán de ter moito coidado para non caer nas poutas do temible lobo. Unha aventura que converterá todo o teatro nun bosque xigantesco onde os nenos se somerxerán nunha experiencia inesquecible.

Dirixido a: nenos de 3 a 7 anos

Duración: 50 minutos

19 de maio | 18 horas

Prezo: 5€

Los músicos de Brenes

musicos de brenesA historia móstranos, como diferentes animais, despois dunha vida plena, feliz e de traballo, cando chegan á vellez son abandonados porque deixan de ser “útiles”. Estes personaxes vense na necesidade de buscar outro sitio onde vivir, abandonan os seus lugares de orixe e emprenden unha nova vida. O azar úneos e xuntos vivirán aventuras que farán que as súas vidas cobren novamente sentido.

Dirixido a: nenos maiores de 5 anos

Duración: 50 minutos aproximadamente

25 de maio | 20 horas

Prezo: 7€

Babs de Baobab Teatro

BabsBaobab Teatro presenta este tenra historia sobre Babs. Babs é un planeta moi, moi pequeno que só ten tres habitantes: mamá, papá e Babo. Babo é un ser moi, moi pequeniño que quere descubrir o mundo. Mamá e papá non queren que lle pase nada malo a Babo e sempre din NON, pero Babo necesita investigar, descubrir e explorar. Babo explora tanto que desaparece.

Dirixido a: nenos de 1 a 4 anos e familias

Duración: 40 minutos 

26 de maio | 12 horas

Gratuita. Precísanse invitacións. Podedes recollelas na taquilla do Teatro Jofre en horario de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. Máximo 4 invitacións por persoa.

 

TEATRO JOFRE en Ferrol Cómo chegar

Entradas: a través da web do Teatro Jofre.

 

Escribe un comentario