Teatro infantil en Teo

Na procura da canción perdida en Teo

O protagonista desta historia ten un grave problema, perdeu unha das cousas importantes para a súa vida: a canción de ir durmir. Comeza asi unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro, coa axuda dunha chea de aparatos tolos e a colaboración dos nen@s do público que se converterán en actores e actrices do espectáculo.

Como parte da unidade didáctica desta obra de Produccións Dispersas podedes imprimir, recortar e colorear unhas mariquiñas con traxes do mundo, creadas pola artista Maria Xosé Díaz. Podedes descargalas e imprimilas en Mariquiñas traxes do Mundo.

Dirixido a: nen@s de 6 a 12 anos

Duración: 50 minutos

12 de maio | 12 horas

Prezo: nenos 3€ e adultos 5€

Auditorio CSC da Ramallosa en Teo (A Coruña) Como chegar

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.