Teatro infantil en Santiago en maio

Teatro infantil en Santiago en maio

O Kikirixote. Aventuras e desventuras dun galo de curral

okikirixoteOs Monicreques de Kukas cóntannos a historia do Kikirixote, que nace da mestura de todos os anti- heroes e como a todos eles pódelle mais o seu idealismo que a realidade, na cal reflexa as súas pantasmas. Partindo de Don Quixote como elemento transgresor e inconformista co tempo que lle tocou vivir, xorde O Kikirixote que non quere ser menos e, sen ser un mesiánico prometeico como diría León Felipe, non deixa de ser un chisco unha caricatura grotesca do seu referente clásico. Quixote, Ubu, don Perlimplin, Melisendra, Anxélica todos eles son quen de arroupar a alma simple pero nobre como non hai outra de Kikirixote, un galo de curral.

Dirixido a:  nenos maiores de 8 anos

5 de maio | 19 horas

Prezo: 5€ e 15€ entrada familiar (4 persoas)

Entradas: podedes adquirilas na billeteira do Teatro Principal que estará aberta de martes a sábado de 18 a 21horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono da billeteira: 981 542 349.

Teatro Principal Santiago de Compostela Como chegar 

 

Xan Perillán e a maleta máxica

xan perillanEspectáculo de Os Monicreques de Kukas que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres. Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco… Pero onde queda Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur? Cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces seguro que o averiguará. Xunta todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta que non é unha maleta calquera… é unha maleta máxica, todo o que aquí se mete, convertese nun truco de maxia… Ai, Xan Perillán, que traballos está a pasar! E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de birlibirloque… Uf, por fin meteuno todo na maleta e xa pode marchar.

Dirixido a:  nenos maiores de 4 anos

10, 11 e 12 de maio | 17.30 e 19 horas

Prezo: 5€ e 15€ entrada familiar (4 persoas)

Entradas: podedes adquirilas na billeteira do Teatro Principal que estará aberta de martes a sábado de 18 a 21 horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono da billeteira: 981 542 349.

ZONA C San Domingos de Bonaval en Santiago Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.