Teatro infantil en Santiago en abril

Teatro infantil en Santiago en abril

A fábula galénica de Fantoches Baj

fabula galenica fantochesO espectáculo Fábula Galénica é unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares, interpretada por títeres de luva dentro dunha preciosa radio antiga. Narrado coma se dun programa de teatro radiofónico se tratase, cóntase como na comarca de Catasós ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo de construírse un castelo novo e desproporcionado.

Dirixido a: todos os públicos

Duración: 50 minutos

7 de abril | 18.30 horas

Precio: 5€ e 15€ entrada familiar (4 persoas)

Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos

frankenstein_ghazafelhosQue se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que está a esperar a que o descubran? Frankenstein é unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous científicos, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o lendario monstro Frankenstein existe ou non…

Dirixido a: dirixida a nenos maiores de 5 anos

Duración: 80 minutos

21 de abril | 18.30 horas

Precio: 5€ e 15€ entrada familiar (4 persoas)

Real Filharmonía de Galicia e Thomas Piel

real filarmonia de galiciaA Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico baixo o nome de O Concerto para violencello de Gulda acompañados por Thomas Piel, violoncellista. O concerto está dirixido a rapaces e rapazas a partir dos 8 anos de idade.

Dirixido a: dirixida a nenos maiores de 8 anos

Duración: 80 minutos

27 de abril | 18.30 horas

Precio: 5€ e 15€ entrada familiar (4 persoas)

Auditorio de Galicia

El Principito

o principiñoMúsica orixinal, un coro de nenos e unha posta en escena chea de imaxinación e poesía, fan deste musical unha experiencia única para compartir en familia… Había unha vez un neno que habitaba un planeta apenas máis grande que el e que tiña necesidade dun amigo… O principiño vive só nun pequeno planeta onde pasa os seus días limpando e quitando as árbores baobab que constantemente tentan botar raíces…

Dirixido a: dirixida a nenos maiores de 5 anos

28 de abril | 12.30 horas

Precio: 10-12€ 

Entradas: podedes adquirilas na billeteira do Teatro Principal que estará aberta de martes a sábado de 18 a 21horas. Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono da billeteira: 981 542 349.

Teatro Principal Santiago de Compostela Como chegar

Escribe un comentario