Teatro infantil en Santiago

Teatro infantil en Santiago

Os Narigudos de Tanxarina Títeres

narigudos tanxarinaNa illa dos Narigudos, todo son problemas. Por culpa do seu enorme nariz, bailes e namoros rematan sempre en amargas disputas. Bartolo é escollido para ir á procura da solución á casa do Chan Tanda, “o home máis sabio do mundo”. Mais… Ai!… A vida está chea de tentacións. E se puidese trocar o seu nariz por un máis pequeno?

Dirixido a: nenos a partir de 2 anos

Duración: 50 minutos

23 de xullo | 18 horas

Fíos de Baobab Teatro

Fios baobabUn taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos. En Fíos os personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así, coñeceremos a Lobo, un lobo tenro que só se quere namorar; Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito que descubrirá que quere ser de maior.

Dirixido a: público infantil e familiar

Duración: 50 minutos

23 de xullo | 19.30 horas

*Entrada de balde. Poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal (Rúa Nova, 21) desde o día 22 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas.

Salón Teatro en Santiago Como chegar

 

 

Escribe un comentario