Teatro infantil en As Pontes

 

Teatro infantil en As Pontes

O Concello de As Pontes acolle estes meses dúas obras de teatro para os máis pequenos: Babs de Baobab Teatro, A Voar! de Sarabela Teatro e Pequena de Talía Teatro.

Babs de Baobab Teatro

babs_baobabBaobab Teatro presenta este tenra historia sobre Babs. Bab sé un planeta moi, moi pequeno que só ten tres habitantes: mamá, papá e Babo. Babo é un ser moi, moi pequeniño que quere descubrir o mundo. Mamá e papá non queren que lle pase nada malo a Babo e sempre din NON, pero Babo necesita investigar, descubrir e explorar. Babo explora tanto que desaparece.

Dirixido a: nenos de 1 a 4 anos e familias

Duración: 40 minutos 

14 de abril | 18 horas 

A Voar! de Sarabela Teatro

a voar_sarabela teatroSarabela Teatro cóntanos a historia de Zoe. A Zoe sempre lle gustaron os paxaros. Todos e cada un deles: pardaos, xílgaros, paporrubios… Pero o que nunca imaxinou é que papá deixaría de comer as súas deliciosas torradas para entregarse a unha dieta de sementes e vermes! Agora quere voar con ás e con moita, moita fe! Todo se complica cando na vila convocan un concurso de homes voadores e tía Greta chega á casa disposta a revolucionar as súas vidas armada coas súas empanadiñas.

Dirixida a: nenos maiores de 6 anos

Duración: 50 minutos

21 de abril | 18 horas

Pequena de Talía Teatro

Barbadac, a pequena ogresaContacontos con María Ríos. Contos con seres pequenos, moi pequenos, pequeniños, coma os trasnos. E de seres grandes, moi grandes, grandídimos, comas os ogros. Ou neste caso, Barbadac, unha ogresiña!

Dirixida a: nenos a partir de 4 a 10 anos

Duración: 60 minutos

10 de maio  | 18.30 horas

Entradas: poderedes mercar as entradas na propia billeteira do Cine Alovi o sábado anterior ao espectáculo de 12 a 13.30 horas e o mesmo día da función dende as 16.30 horas.

CINE ALOVI nas Pontes Como chegar

Podedes consultar a PROGRAMACIÓN do mes de abril na web do concello.

Concello As Pontes

 

 

 

Escribe un comentario