Teatro infantil en Ames

Teatro infantil en Ames

Ñam de Caramuxo Teatro

ñam caramuxoComer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos. Por que as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo? ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado! Unha historia de cociña para os máis pequenos.

Dirixida a: nenos de 1 a 6 anos 

Duración: 30 minutos

12 de abril | 17.30 e 18.30 horas

Casa da Cultura do Milladoiro Como chegar

Pío de Caramuxo Teatro

pio_caramuxo teatroCaramuxo Teatro cóntanos a historia de Pío, un paxaro que nace só e non sabe o que é. Buscando, buscando descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa. No final desa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de ser libre como un paxaro.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 40 minutos 

19 de abril | 18.30 horas

Casa da Cultura de Bertamiráns Como chegar 

A Voar!

a voar_sarabela teatroSarabela Teatro cóntanos a historia de Zoe. A Zoe sempre lle gustaron os paxaros. Todos e cada un deles: pardaos, xílgaros, paporrubios… Pero o que nunca imaxinou é que papá deixaría de comer as súas deliciosas torradas para entregarse a unha dieta de sementes e vermes! Agora quere voar con ás e con moita, moita fe! Todo se complica cando na vila convocan un concurso de homes voadores e tía Greta chega á casa disposta a revolucionar as súas vidas armada coas súas empanadiñas.

Dirixida a: nenos maiores de 6 anos

Duración: 50 minutos

3 de maio | 18.30 horas

Casa da Cultura do Milladoiro Como chegar

O Refugallo

refugalloAs compañías Berrobambán e Bichakadela coproducen este espectáculo a partir do texto de Paula Carballeira. Catro amigos que viven no refugallo: Isolda co seu libro de viaxes, Hipatia cun telescopio, Borobonte e a súa tartaruga, e Lustucrú cunha pata de pau. Xuntos xogan a construír un novo mundo a partir de todo o vello e roto que os rodea porque, como nenos que son, saben ver as cousas doutra maneira fronte a unha sociedade na que se impón o frenético consumo de usar e tirar.

Dirixida a: nenos maiores de 6 anos

Duración: 60 minutos

7 de xuño | 18.30 horas

Casa da Cultura de Bertamiráns Como chegar

 

Escribe un comentario